Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello deberá resolver a modificación urbanista solicitada pola propiedade da extinta Emben, cunha superficie de máis de tres hectáreas en Seoane

27, Novembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Trátase dunha parcela cunha superficie de 33.000 metros cadrados, que se localiza na parroquia de Seoane, entre a antiga estrada de Cea que atravesa a aldea e na estrada do Eixo do Ribeiro.

Nesta parcela localizanse dúas grandes naves que acolleron distinta actividade industrial dende os anos 70 do século pasado, coa histórica TANOSA que se dedicaba á producción de taboleiros de madeira aglomerados ata a máis recente de EMBEN, que fabricaba pretensados de formigón e que cesou na súa actividade despois de rematadas as obras do AVE.

En 2009 entrou en proceso concursal de acreedores, e a sociedade declarouse como extinguida tras completarse o procedemento concursal.

A pesar da actividade industrial que se desenvolveu durante tantos anos, a parcela está catalogada como de solo rústico, agora os seus actúais propietarios solicitan do concello do Carballiño que proceda a súa regularización no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para que sexa catalogada como de solo industrial, e proceder a súa legalización dacordo coa Lei do Solo de Galicia.

A regularización urbanística que agora debe aprobar o concello do Carballiño abre novas posiblidades ao futuro uso desta parcela no ámbito industrial e comercial.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-debera-resolver-modificacion-urbanista-solicitada-pola-propiedade-da-extinta-emben

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-debera-resolver-modificacion-urbanista-solicitada-pola-propiedade-da-extinta-emben [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-debera-resolver-modificacion-urbanista-solicitada-pola-propiedade-da-extinta-emben [3] whatsapp://send?text=O concello deberá resolver a modificación urbanista solicitada pola propiedade da extinta Emben, cunha superficie de máis de tres hectáreas en Seoane http://copecarballino.es/novas/o-concello-debera-resolver-modificacion-urbanista-solicitada-pola-propiedade-da-extinta-emben [4] http://copecarballino.es/print/52285