Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A corporación municipal aproba unha moción de CXG para que Punxín teña un PXOM

28, Novembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o aproboa a corporación municipal de Punxín por unanimidade e a instancias do concelleiro de CompormisoXGalicia, Eladio Fernández.

O concelleiro da formación galeguista presentou esta proposta ante o pleno en forma de moción, para que o concello de Punxín dea os pasos necesarios para que no menor tempo posible o municipio conte cun Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal.

Tamén se demandará da adminstración autonómica o apoio económico preciso para poder contratar a redacción do futuro planeamento urbanístico de Punxín.

Eladio Fernández manifestou en COPE O Carballiño a súa satisfacción pola aprobación da súa moción, apoiada polo resto dos grupos políticos, destacando que "se trata dun día histórico para Punxín, porque cando teñamos un plan urbanístico vaise favorecer o desenvolvemento do noso concello, aproveitando a privilexiada situación xeográfica"

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-aproba-unha-mocion-de-cxg-para-que-punxin-tena-un-pxom

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-aproba-unha-mocion-de-cxg-para-que-punxin-tena-un-pxom [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-aproba-unha-mocion-de-cxg-para-que-punxin-tena-un-pxom [3] whatsapp://send?text=A corporación municipal aproba unha moción de CXG para que Punxín teña un PXOM http://copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-aproba-unha-mocion-de-cxg-para-que-punxin-tena-un-pxom [4] http://copecarballino.es/print/52297