Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O motivo, según denuncian Espazo Común e Partido Popular, sería que o concello non remitíu a documentación á Xunta: O Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro quedan sen Obradoiro de Emprego

14, Xaneiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espazo Común manifestaba onte a súa preocupación por este asunto, pola falla de novas relativas a un novo Obradoiro de Emprego, e mesmo pedía explicacións aos gobernantes municipais para aclarar esta "situación de confusión"

Preguntábanse dende esta formación política se o motivo poidera ser non telo solicitado "por desidia ou por no consideralo importante", ou se acaso si fora solicitado pero denegado por algunha razón "que debería explicarse".

Esta mañá foi o Partido Popular quen dfundíu un comunicado no que desvela as posibles causas ao asegurar que "por parte do concello presentouse unha solicitude e cando dende a Xefatura da Xunta requiríronlle a documentación necesaria para completar o expediente a tramitar non se contestou dende o concello, polo que se desistíu da tramitación".

Os populares consideran "grave" o acontecido "pois estamos a falar que a deixadez do concelleiro responsable desta materia, Manolo Dacal, e do propio alcalde, que deixan sen Obradoiro de Emprego a O Carballiño, e tamén aos concellos de Maside, San Amaro e Boborás, que nos últimos anos viñan participando deste proxecto supramunicipal".

En manifestacións a esta emisora de radio, o portavoz do grupo popular Ricardo Perea lamentou os feitos e  dixo que "coa maioria absoluta, deben pensar que xa está todo feito, porque é a primeira vez en moitos anos que esto sucede ", remarcou.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-motivo-segun-denuncian-espazo-comun-e-partido-popular-seria-que-o-concello-non-remitiu

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-motivo-segun-denuncian-espazo-comun-e-partido-popular-seria-que-o-concello-non-remitiu [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-motivo-segun-denuncian-espazo-comun-e-partido-popular-seria-que-o-concello-non-remitiu [3] whatsapp://send?text=O motivo, según denuncian Espazo Común e Partido Popular, sería que o concello non remitíu a documentación á Xunta: O Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro quedan sen Obradoiro de Emprego http://copecarballino.es/novas/o-motivo-segun-denuncian-espazo-comun-e-partido-popular-seria-que-o-concello-non-remitiu [4] http://copecarballino.es/print/52627