Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A conselleira de Medio Ambiente informa ás sociedades de pescadores dos rios Arenteiro e Viñao das axudas para o fomento da pesca fluvial

5, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ángeles Vázquez, reuníuse no novo centro sociocultural de Boborás cunha ampla representación social da Sociedade de pesca deportiva Arenteiro do Carballiño e A Sociedade de pesca do río Viñao.

Ademáis, xunto aos numerosos pescadores, tamén estiveron presentes nesta reunión os alcaldesdo Carballiño e O Irixo e a alcaldesa de Boborás.

Neste acto informativo, Angeles Vázquez Mejuto adiantou que a previsión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural é publicar no DOG as axudas, de concorrencia competitiva, polo que as entidades interesadas poderán presentar ao día seguinte a solicitude correspondente, sempre e cando esteen recoñecidas como tal, para financiar os seus proxectos.

Recordou que en base a estas axudas poderán desenvolverse no ano 2020 actuación e accións de vixilancia de tramos de pesca fluvial e actividades divulgativas ou formativas, encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural como medida de fomento da actividade da pesca fluvial.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/conselleira-de-medio-ambiente-informa-sociedades-de-pescadores-dos-rios-arenteiro-e-vinao-das

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-de-medio-ambiente-informa-sociedades-de-pescadores-dos-rios-arenteiro-e-vinao-das [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-de-medio-ambiente-informa-sociedades-de-pescadores-dos-rios-arenteiro-e-vinao-das [3] whatsapp://send?text=A conselleira de Medio Ambiente informa ás sociedades de pescadores dos rios Arenteiro e Viñao das axudas para o fomento da pesca fluvial http://copecarballino.es/novas/conselleira-de-medio-ambiente-informa-sociedades-de-pescadores-dos-rios-arenteiro-e-vinao-das [4] http://copecarballino.es/print/52828