Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Beariz organiza o lúns 17 unha charla informativa sobre o acollemento familiar de menores

13, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Beariz, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha charla informativa sobre acollemento familiar de menores. O acollemento familiar unha medida de protección para menores que, por determinados motivos, non poden continuar convivindo cos seus proxenitores.

É un programa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo proporcionar unha atención temporal a aqueles nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

Trátase de que estes menores poidan vivir da mellor forma posible a súa infancia, sendo esta unha etapa fundamental na vida.

Deste xeito, colaborar facéndose familia acolledora supón ofecer un fogar a nenos, nenas e adolescentes e proporcionarlles coidados, seguridade, educación e o agarimo que necesitan mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.

A charla terá lugar o vindeiro luns, día 17 de febreiro, ás 16:30 no Salón de actos ubicado na planta baixa do Concello de Beariz e poderán acudir todos aqueles que o desexen. Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello no teléfono 988.28.40.00.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-organiza-o-luns-17-unha-charla-informativa-sobre-o-acollemento-familiar

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-organiza-o-luns-17-unha-charla-informativa-sobre-o-acollemento-familiar [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-organiza-o-luns-17-unha-charla-informativa-sobre-o-acollemento-familiar [3] whatsapp://send?text= O Concello de Beariz organiza o lúns 17 unha charla informativa sobre o acollemento familiar de menores http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-organiza-o-luns-17-unha-charla-informativa-sobre-o-acollemento-familiar [4] http://copecarballino.es/print/52937