Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Piden a declaración de Indicación Xeográfica Protexida "Pemento de Punxín", as concelleiras socialistas solicitan un pleno extraordinario para avanzar nesta proposta

18, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As concelleiras socialistas en Punxín veñen de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para pedir que se inicien os trámites para a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín.

Dende o Grupo Municipal Socialista indican que se trata dunha medida que podería supoñer, sen dúbida, un pulo para Punxín. Segundo as concelleiras socialistas, “Punxín sempre destacou pola súa riqueza hortícola e nun momento no que se está a poñer en valor o producto de proximidade e ecolóxico, non podemos quedar sen facer nada”.

A voceira socialista, Lorena Peleteiro, destaca que “temos un producto cunhas características propias e que o fan singular fronte a outras variedades, temos que comezar a poñelo en valor. Punxín gozou sempre dun recoñecido prestixio en canto a productos da horta e a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín pode supoñer un revulsivo para a economía de Punxín”.

O PSdeG de Punxín destaca que está claro que as políticas de abandono á que ten sometido o grupo de goberno ó noso Concello non nos van a levar a ningún lado, precisamos un cambio, políticas que fagan virar a dinámica deste Concello, e dende a oposición, as Concelleiras socialistas están a traballar para que así sexa, e esta é outra demostración delo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/piden-declaracion-de-indicacion-xeografica-protexida-pemento-de-punxin-concelleiras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/piden-declaracion-de-indicacion-xeografica-protexida-pemento-de-punxin-concelleiras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/piden-declaracion-de-indicacion-xeografica-protexida-pemento-de-punxin-concelleiras [3] whatsapp://send?text=Piden a declaración de Indicación Xeográfica Protexida [4] http://copecarballino.es/print/52983