Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Mil comparsistas desfilarán este martes de entroido polas rúas do Carballiño, nun concurso no que repartiránse 6.000 euros en premios

24, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concurso do Martes de Entroido congregará a unha vintena de comparsas e a máis de mil persoas, que fesfilarán polas rúas céntricas da vila a partir das 5 da tarde.

O desfile partirá da rúa Otero Pedrayo e transcorrerá polas rúas Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e Rúa do Paseo.

Máis de 6.000 euros en premios serán entregados ao remate do desfile, no escenario da orquestra La OcaBand, que animará a verbena a partir das 7 da tarde na Praza Maior.

Ademais das comparsas que optan ao premios, desfilarán como invitadas dúas das comparsas máis representativas da provincia de Pontevedra, e que cada ano sorprenden polas súas escenografías, como son Os 100 Tolos e Os da Caña.

Pola mañá haberá animación de rúa a cargo deo grupo de música tradicional Feitizo de Pau, e ás 12,30 h., haberá exhibición de baile pola Escola Municipal de Danza.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mil-comparsistas-desfilaran-este-martes-de-entroido-polas-ruas-do-carballino-nun-concurso-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mil-comparsistas-desfilaran-este-martes-de-entroido-polas-ruas-do-carballino-nun-concurso-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mil-comparsistas-desfilaran-este-martes-de-entroido-polas-ruas-do-carballino-nun-concurso-no [3] whatsapp://send?text=Mil comparsistas desfilarán este martes de entroido polas rúas do Carballiño, nun concurso no que repartiránse 6.000 euros en premios http://copecarballino.es/novas/mil-comparsistas-desfilaran-este-martes-de-entroido-polas-ruas-do-carballino-nun-concurso-no [4] http://copecarballino.es/print/53057