Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Arrieiriños de Dacón, gañadores do concurso de comparsas. O segundo premio é para Lumareda e o terceiro para a Anpa da Uceira.

25, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Xurado estivo integrado por un representante de cada unha das comparsas participantes no concurso e acordou outorgar o primeiro premio á comparsa "Amor á Mexicana" dos Arrieiriños de Dacón, que dous anos despóis volven gañar neste desfile do martes de entroido organizado polo concello do Carballiño.

A comparsa daconense lévase 1.300 euros, cos que estaba dotado este primeiro premio do entroido carballiñés.

O segundo premio foi para a comparsa da asociación Lumareda do Carballiño e seu "Orgullo Galego", inspirado na tradición pulpeira, que se leva mil euros.

A Asociación Entroula e a Ampa do Colexio da Uceira conseguiron o terceiro premio deste concurso, correspóndenlle 800 euros.

Os cuarto, quinto e sexto premio, que reciben 400, 350 e 300 foron respectivamente  paras as comparsas Fantasía de Partovia, Os Azucarados de Maside e Fantasía Boreal da asociación O Castro de San Amaro.

Completan a relación de premiados, séptimo e octavo, Aspadisi e Os Nevadinos, que reciben 250 e 200 euros, respectivamente, e recibindo accésits de 120 euros, o resto das comparsas participantes.

O desfile foi seguido por un numeroso público ao seu paso polas rúas do Carballiño, sobre todo a altura de Conde Vallellano, Rotonda da Alameda, primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, Rúa do Paseo e Praza Maior.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-arrieirinos-de-dacon-ganadores-do-concurso-de-comparsas-o-segundo-premio-e-para-lumareda-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-arrieirinos-de-dacon-ganadores-do-concurso-de-comparsas-o-segundo-premio-e-para-lumareda-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-arrieirinos-de-dacon-ganadores-do-concurso-de-comparsas-o-segundo-premio-e-para-lumareda-e [3] whatsapp://send?text=Os Arrieiriños de Dacón, gañadores do concurso de comparsas. O segundo premio é para Lumareda e o terceiro para a Anpa da Uceira. http://copecarballino.es/novas/os-arrieirinos-de-dacon-ganadores-do-concurso-de-comparsas-o-segundo-premio-e-para-lumareda-e [4] http://copecarballino.es/print/53067