Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Aberta a inscrición para a andaina "O Carballiño camiña pola igualdade"

26, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A concellería de Igualdade e o Centro de Información da Muller organizan a IX Andaina solidaria “O Carballiño Camiña pola Igualdade”, que se celebrará o domingo 8 de marzo e que terá un recorrido de 15,7 km, cun trazado dun gran interese paisaxístico e histórico, pois transcurre polo sendeiro do Arenteiro ata Castro Cavadoso e regreso pola Reguenga, Miomás e o parque municipal.

A inscrición é gratuita e pode realizarse ata o próximo dia 5 de marzo no CIM, no correo: cim@carballino.gal [5] ou no telf. 988531076. È absolutamente indispensable cubrir a folla de inscrición co nome, apelido, nº DNI e teléfono, pois a organización contratou un seguro colectivo, e é preciso aportar estes datos.

Ainda que a inscrición é gratuita, por tratarse dunha andaina solidaria a prol de Cáritas, os donativos irán destinados a esta entidade benéfica.

Nesta andaina, que partirá ás 10,00 h da Praza Maior, colaboran a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Ministerio de Presidencia, Asdifica, Cruz Vermella, Policía Local e os supermercados Gadis e Eroski, que facilitan o avituallamento.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/aberta-inscricion-para-andaina-o-carballino-camina-pola-igualdade

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-inscricion-para-andaina-o-carballino-camina-pola-igualdade [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-inscricion-para-andaina-o-carballino-camina-pola-igualdade [3] whatsapp://send?text=Aberta a inscrición para a andaina [4] http://copecarballino.es/print/53075 [5] mailto:cim@carballino.gal