Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos de Cea, Piñor, Avión e San Amaro tamén crean servizos para atender á veciñanza de máis idade durante a crise. Cea desinfecta mobiliario e espazos públicos de risco.

18, Marzo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de Cea puxo en marcha un operativo de desinfección de edificios públicos, espazos e mobililiario público, trátase dunha das medidas acordadas polo goberno municipal que preside o alcalde José Luis Valladares e que inclúe tamén un servizo municipal para atender durante a crise do coronavirus a aquelas persoas que viven soas ou presentan factores de risco. 

No concello de San Cristovo de Cea algunhas aldeas están a 16 kilómetros de distancia da capitalidade municipal, polo que este servizo cobra aínda máis importancia nesta situación de estado de alerta. Para solicitar este servizo tan so é preciso chamar ao teléfono 988 282 000.

Tamén o concello de Piñor ten operativo un servizo de idénticas características e finalidade, que pode solicitarse no teléfono 629 828 194.

No concello de San Amaro tamén se atenderá especialmente ás persoas que se encontran nos grupos de risco, levándolle alimentos, medicantos e outros productos de primeira necesidade ao seu domicilio, o teléfóno do concello para solicitálo é o 988 288050.

O concello de Avión habilita o teléfono 679 661 538 para aquelas persoas do municipio  que teñan algunha necisidade  de carácter imprencindible e non poidan desplazarse, tamén o concello de Avión conta con algunhas localidades que están ata 15 kilómetros de distancia da capitalidade municipal.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-avion-e-san-amaro-tamen-crean-servizos-para-atender-vecinanza-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-avion-e-san-amaro-tamen-crean-servizos-para-atender-vecinanza-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-avion-e-san-amaro-tamen-crean-servizos-para-atender-vecinanza-de [3] whatsapp://send?text=Os concellos de Cea, Piñor, Avión e San Amaro tamén crean servizos para atender á veciñanza de máis idade durante a crise. Cea desinfecta mobiliario e espazos públicos de risco. http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-avion-e-san-amaro-tamen-crean-servizos-para-atender-vecinanza-de [4] http://copecarballino.es/print/53279