Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Primeira AA.VV. que toma esta iniciativa : a asociación de veciños de Partovia ponse a disposición da veciñanza da parroquia que non poida desplazarse para atender necesidades

19, Marzo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Asociación de Veciños de Partovia pon en marcha este servizo solidario e de atención aos seus conveciños en caso de necesidade e durante o tempo que permaneza esta situación absolutamente excepcional que estamos vivindo.

A través dun comunicado, o colectivo veciñal manifesta que "a situación de emerxencia sanitaria que estamos a pasar e como consecuencia de esta, e o confinamento o que estamos obrigados a facer, os membros da directiva da asociación poñémonos a disposición da veciñanza da parroquia e de todo aquel que o precise".

Aclaran dende a asociación veciñal que esta iniciativa "vai orientado a xente que por calquera motivo non pode facer acopio de medicamentos ou alimentos por o seu propio pé. Estamos nun momento delicado onde a sociedade en xeral debemos de estar unidos e apoiarnos entre nòs, non nos queda outra".

E subliñan que "a un lado hai que deixar temas políticos e de outra índole que non levan a nada, so facer o burato mais grande".

Os teléfonos de contacto son: Ernesto 685469572 e Laura 646472334

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/primeira-aavv-que-toma-esta-iniciativa-asociacion-de-vecinos-de-partovia-ponse-disposicion-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/primeira-aavv-que-toma-esta-iniciativa-asociacion-de-vecinos-de-partovia-ponse-disposicion-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/primeira-aavv-que-toma-esta-iniciativa-asociacion-de-vecinos-de-partovia-ponse-disposicion-da [3] whatsapp://send?text=Primeira AA.VV. que toma esta iniciativa : a asociación de veciños de Partovia ponse a disposición da veciñanza da parroquia que non poida desplazarse para atender necesidades http://copecarballino.es/novas/primeira-aavv-que-toma-esta-iniciativa-asociacion-de-vecinos-de-partovia-ponse-disposicion-da [4] http://copecarballino.es/print/53285