Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha dotación da UME desinfecta a residencia de maiores do Cornuval, mentres os bombeiros forestais fano nas residencias da comarca

25, Marzo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha dotación da Unidade Militar de Emerxencias realizou esta mañá labores de desinfección nas resindencias públicas de maiores do Carballiño, no Cornuval.

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega confirmou a esta emisora de radio que, a maiores, tamén se realizan traballos de desinfección nos exteriores das dúas residencias de mairores privadas que temos no Carballiño, a de Partovia e a residencia dos Irmáns Prieto, que coas súas 119 praza é a de máis alta ocupación de toda a comarca.

Mentres, nos concellos de 5.000 habitantes, é decir todos os da comarca agás O Carballiño, son os bombeiros forestais e os profesionais do Servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galicia os que desde onte realizar labores de desinfección, que xa fixeron nos exteriores das residencias de Maside e San Amaro, e esta mesma mañá na casa de maiores de Dacón. 

Tamén actuarán nos exteriores dos centros de saúde, complementando os traballos que xa están levando a cabo os respectivos concellos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros [3] whatsapp://send?text=Unha dotación da UME desinfecta a residencia de maiores do Cornuval, mentres os bombeiros forestais fano nas residencias da comarca http://copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros [4] http://copecarballino.es/print/53358