Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común propónlle ao concello que compre 30.000 máscaras e a creación dunha oficina municipal de Información, Prevención e Loita contra o COVID-19

7, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Desde Espazo Común continúan a por enriba da mesa propostas que consideramos factibles e de gran utilidade para o cidadán do Carballiño.
Atendendo a que as cifras de contaxiados comezan a descender grazas aos efectos do confinamento e, polo tanto, amosase útil a estratexia de diminuir o contacto entre persoas para evitar a súa propagación, faise necesaria a previsión de medidas que van ser imprescindibles unha vez sexa posible levantar as situacións derivadas do estado de alarma".

Con esta proposta demandan ao Concello do Carballiño que se anticipe á circunstancia e garanta que cada veciño e veciña da nosa vila poida contar con mascarillas de protección para cando se poida saír á rúa, pois semella que este elemento vai a ser imprescindible, polo menos durante algunhas semanas máis.

A adquisición e distribución de 30.000 destas, tería -calculan dende Espazo Común- un custo de só uns 10.000 € para o Concello e "suporía un gran alivio para moitas familias que teñen dificultades para conseguilas, convertindo así a O Carballiño nunha vila máis segura".

Asemade dentro das medidas nas que Espazo Común está a traballar dentro do Plan O Carballiño CON-VIDA 20, desde esta formación política demandan a creación dunha Oficina Municipal de Información, Prevención e Loita contra o Covid-19.

Finalmente, subliñan que oobxectivo desta proposta debe ser dar toda a atención posible á cidadanía, contando cun teléfono único para asesorar a calquera que o precise en máteria sanitaria, de protección social ou posibles solucións a problemas económicos derivados desta crise.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-proponlle-ao-concello-que-compre-30000-mascaras-e-creacion-dunha-oficina

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-proponlle-ao-concello-que-compre-30000-mascaras-e-creacion-dunha-oficina [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-proponlle-ao-concello-que-compre-30000-mascaras-e-creacion-dunha-oficina [3] whatsapp://send?text=Espazo Común propónlle ao concello que compre 30.000 máscaras e a creación dunha oficina municipal de Información, Prevención e Loita contra o COVID-19 http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-proponlle-ao-concello-que-compre-30000-mascaras-e-creacion-dunha-oficina [4] http://copecarballino.es/print/53475