Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Persoal da Residencia de Maiores de Leiro confínase nunha casa de turismo rural como medida de prevención, e na residencia carballiñesa Irmáns Prieto piden unha nova desinfección

7, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A directora e 17 traballadores do centro de maiores “ Quercus” de Leiro decidiron illarse para coidar aos maiores e protexelos do coronavirus, a dia de hoxe non se rexistrou ningún caso de contaxio.

A súa directora, Maite Rodríguez Rivas, manifestou que era a “última carta que quedaba por xogar” para evitar que o coronavirus afecte aos residentes xa que, ata o de agora “puxéronse en marcha todos os protocolos recomendados” polas autoridades sanitarias e a Consellería de Política Social, e realizáronse “desinfeccións internas e externas” mesmo coa presenza da Unidade Militar de Emerxencias.

A directora sinalou que o persoal do centro de maiores “traballa en dúas quendas e dormen nunha casa de turismo rural, San Clodio” cuxo dono “a cedeu de forma altruísta e solidaria” e que se atopa á beira de “ Quercus”. Maite Rodríguez asegurou que os residentes son “76 persoas de distintas idades e distintos graos de dependencia” e que son de “máximo risco” para o coronavirus ao “ter varias patoloxías”.

Mentres, na Residencia Irmáns Prieto do Carballiño,a de máis alta capacidade das comarcas do Carballiño-Ribeiro, cunha comunidade de 170 persoas entre residentes e persoal, onde na semana pasada levouse a cabo unha desinfección a cargo dos bombeiros do parque do Carballiño, continúan a salvo do virus peroconsideran que sería convinte repetir esta mesma labor, pero de momento están á espera, mantendo a máxima alerta coas medidas de hixiene e seguridade en todas as dependencias do centro, sobre todos nas zonas de utilización común. 

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/persoal-da-residencia-de-maiores-de-leiro-confinase-nunha-casa-de-turismo-rural-como-medida-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/persoal-da-residencia-de-maiores-de-leiro-confinase-nunha-casa-de-turismo-rural-como-medida-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/persoal-da-residencia-de-maiores-de-leiro-confinase-nunha-casa-de-turismo-rural-como-medida-de [3] whatsapp://send?text=Persoal da Residencia de Maiores de Leiro confínase nunha casa de turismo rural como medida de prevención, e na residencia carballiñesa Irmáns Prieto piden unha nova desinfección http://copecarballino.es/novas/persoal-da-residencia-de-maiores-de-leiro-confinase-nunha-casa-de-turismo-rural-como-medida-de [4] http://copecarballino.es/print/53478