Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A proposta partíu do alcalde de Maside, pero so os rexedores de San Amaro e O Carballiño acudiron á reunión que buscaba coordenar unha fronte comarcal contra o coronavirus

11, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A convocotoria foi feita no transcurso da semana a través do teléfono pol alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, coa idea de reunir aos alcaldes da comarca do Carballiño e intercambear experiencias, buscar a maneira de compartir medios e deseñar unha fronte intermunicipal para a xestión da crise do coronavirus.

Pero á hora fixada para a convocatoria, ás 12 do mediodia deste sábado, na casa do concello do Carballiño tan so compareceron os rexedores municipais de San Amaro e  O Carballiño, ademáis do promotor da reunión, os tres alcaldes socialistas da comarca.

O alcalde de Maside lamentaba a ausencia do resto dos alcaldes, os seis restantes, todos do Partido Popular , e non disimulaba a súa decepción "é certo que algúns excusaron a súa presenza, pero dous nin xiquera me colleron o teléfono nin tampouco me constestaron despois as chamadas", asegurou.

Os tres alcaldes presentes coincidiron no deficit de material de prevención e protección,  e analizaron a posiblidade de comprar conxuntamente este tipo de material, asi como a posibilidade de compartir servizos entre os concellos, optimizando da mellor maneira posible os recursos dispoñibles.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/proposta-partiu-do-alcalde-de-maside-pero-so-os-rexedores-de-san-amaro-e-o-carballino-acudiron

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/proposta-partiu-do-alcalde-de-maside-pero-so-os-rexedores-de-san-amaro-e-o-carballino-acudiron [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/proposta-partiu-do-alcalde-de-maside-pero-so-os-rexedores-de-san-amaro-e-o-carballino-acudiron [3] whatsapp://send?text=A proposta partíu do alcalde de Maside, pero so os rexedores de San Amaro e O Carballiño acudiron á reunión que buscaba coordenar unha fronte comarcal contra o coronavirus http://copecarballino.es/novas/proposta-partiu-do-alcalde-de-maside-pero-so-os-rexedores-de-san-amaro-e-o-carballino-acudiron [4] http://copecarballino.es/print/53503