Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concelleiros do goberno municipal "ignoran o confinamento de forma habitual facendo un uso partidista para obter rédito electoral" denuncian desde Espazo Común

15, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espazo Común cita un informe da Xefatura da Polícia Local do Carballiño no que se afirma que existen excepcións no estado de alarma "deben limitarse a desprazarse desde as súas casas ao concello e coas liminatacións que temos calquera veciño."

"A semana pasada, deuse unha circunstancia pola que recibimos numerosas queixas de veciños de diferentes lugares do Carballiño. A visita a domicilio dalgúns concelleiros do goberno que semellan crer que a lei que obriga aos cidadáns a un confinamento para evitar contaxios, a eles non lles afecta, molestou a moitos veciños", subliñan.

A formación política liderada por Pachi Vázquez, Adolfo Noguiera e Érika Paz, aseguran que durante os últimos dias e por parte de varios membros do goberno local e pola do propio alcalde Fumega "estiveron a percorrer rúas e aldeas para facerse ver e entregar mascarillas a quen a eles lles parecera convinte, sen criterio sanitario algún e obviando a moita xente de risco".

Censuran este comportamento citando as manifestacións públicas dos dirixentes provincais do PSOE porque "como ben sinala o propio PsdeG-PSOE provincial nun comunicado onde censuran que alcaldes do PP estean a aproveitar a crise do coronavirus para facer publicidade electoral e afirman que o único que amosan con esta publicidade é a súa absoluta irresponsabilidade e indecencia política, facendo un uso partidista desta situación para obter un rédito electoral" e remarcan por elo dende Espazo Común "non o dicimos nós, dío o PSOE".

E recurren ao refraneiro para recordar que "semella moi acaído aquel dito da palla no ollo alleo e a viga no propio".

"Namentras moitos fillos e netos non poden achegarse a ver a seus pais ou avós, a reincidencia no comportamento e, polo tanto, nas protestas de moitos cidadáns que consideran que se pon en risco a saúde dos seus familiares, leváronnos a demandar un informe policial para clarexar se os concelleiros teñen algún privilexio sobre o resto da cidadanía que lles permita circular ao seu capricho", proclaman desde Espazo Común.

E aseguran que resposta "foi clara e contundente, non existe tal excepción e deben limitarse a desprazarse das súas casas ao Concello e ás limitacións que temos calquer outro veciño".

Finalmente, agardan que tras revelar publicamente este informe asinado polo xefe da Policía Local do Carballiño "deixen de levarse a cabo estas perigosas visitas que ignoran o confinamento para todos os cidadáns e se comece a predicar co exemplo por parte do grupo de goberno, proque a saúde debe ser o primeiro", conclúen.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concelleiros-do-goberno-municipal-ignoran-o-confinamento-de-forma-habitual-facendo-un-uso

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleiros-do-goberno-municipal-ignoran-o-confinamento-de-forma-habitual-facendo-un-uso [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleiros-do-goberno-municipal-ignoran-o-confinamento-de-forma-habitual-facendo-un-uso [3] whatsapp://send?text=Concelleiros do goberno municipal [4] http://copecarballino.es/print/53536