Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Falece unha persoa tras ser alcanzada por un tren de mercancias nun túnel da via férrea, a altura do concello de Maside

20, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha persoa faleceu esta tarde despois de ser alcanzada por un tren de mercancías -que facía a ruta entre Taboadela e Pontevedra- á altura do concello de Maside. O 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das 17:00 horas.

Foi nese momento cando o mesmo persoal de Adif comunicou á central de emerxencias que un convoi alcanzara a unha persoa no punto quilométrico 275 da vía, moi próximo á estación de Maside. Indicaban ademais que o accidente se producira nun túnel, nunha zona de difícil acceso.

De inmediato, tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro e á Garda Civil. Unha vez no punto, os equipos de intervención tan só puideron confirmar o seu falecemento, a vítima é un varón de 46 anos de idade, con veciñanza en Maside.

Despois, os servizos de emerxencias e do Adif restableceron as condicións de seguridade na vía. A Garda Civil trata de aclarar as circunstancias do suceso.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/falece-unha-persoa-tras-ser-alcanzada-por-un-tren-de-mercancias-nun-tunel-da-ferrea-altura-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-unha-persoa-tras-ser-alcanzada-por-un-tren-de-mercancias-nun-tunel-da-ferrea-altura-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-unha-persoa-tras-ser-alcanzada-por-un-tren-de-mercancias-nun-tunel-da-ferrea-altura-do [3] whatsapp://send?text=Falece unha persoa tras ser alcanzada por un tren de mercancias nun túnel da via férrea, a altura do concello de Maside http://copecarballino.es/novas/falece-unha-persoa-tras-ser-alcanzada-por-un-tren-de-mercancias-nun-tunel-da-ferrea-altura-do [4] http://copecarballino.es/print/53579