Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta licita a mellora da autovía AG-53 ao seu paso polos municipios de Dozón, Piñor e San Cristovo de Cea, cun investimento de 4,8 millóns de euros

26, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta abre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea, cun investimento de máis de 4,8 millóns de euros.

O Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, ven de acrodar o inicio do cómputo do prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación xa licitada, pero afectada pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos unha vez declarado o estado de alarma.

A resolución, que ven de pubicarse na plataforma de contratos públicos Xunta, indica que as empresas interesadas na execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o 20 de maio. No caso do contrato do servizo de control e vixilancia, o prazo finaliza o 11 de maio. O obxectivo da axilización nos trámites administrativos é poder executar a intervención durante este ano e en condicións meteorolóxicas axeitadas.

A actuación, cun prazo de execución de seis meses, desenvolverase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada.

Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

Tamén se levarán a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-mellora-da-autovia-ag-53-ao-seu-paso-polos-municipios-de-dozon-pinor-e-san

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-mellora-da-autovia-ag-53-ao-seu-paso-polos-municipios-de-dozon-pinor-e-san [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-mellora-da-autovia-ag-53-ao-seu-paso-polos-municipios-de-dozon-pinor-e-san [3] whatsapp://send?text=A Xunta licita a mellora da autovía AG-53 ao seu paso polos municipios de Dozón, Piñor e San Cristovo de Cea, cun investimento de 4,8 millóns de euros http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-mellora-da-autovia-ag-53-ao-seu-paso-polos-municipios-de-dozon-pinor-e-san [4] http://copecarballino.es/print/53611