Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha festa do pulpo virtual ? O concello traballa nun modelo festivo alternativo para o mes de agosto

27, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anuncio en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, o concello do Carballiño xa traballa nun modelo alternativo para a festa do pulpo que, ademáis neste ano 2020, agardaba a declaración de festa turística de interese internacional.

Aceptando que pouco terá que ver a convocatoria deste ano coa festa do pulpo multitudinaria tal como a coñecemos, os responsables municipais xa se puxeron á tarefa de buscar un modelo festivo que poida alomenos salvar a promoción e difusión que para O Carballiño supón cada ano a súa celebración.

"Temos que acertar na idea, na que xa estamos traballando, e para elo contarémos coa colaboración dos pulpeiros, hostaleiros e comerciantes, para que siga sendo agosto unha data referencial para O Carballiño, e que ese dia o pulpo estea presente en todos os fogares do Carballiño e Comarca, habilitarémos un servizo de reparto", desvelou o alcalde.

E engadíu "será unha festa do pulpo próxima ao virtural pero coa tallada de pulpo no prato, e xa irémos vendo conforme vaia evolucionando a situación", dixo Fumega.

Precisamente, o concello de Ribadavia ven de anunciar a celebración da "Feira do Viño do Ribeiro Virtual", en sustitución do evento que este ano non pode celebrarse como consecuencia do estado de alarma.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-festa-do-pulpo-virtual-o-concello-traballa-nun-modelo-festivo-alternativo-para-o-mes-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-festa-do-pulpo-virtual-o-concello-traballa-nun-modelo-festivo-alternativo-para-o-mes-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-festa-do-pulpo-virtual-o-concello-traballa-nun-modelo-festivo-alternativo-para-o-mes-de [3] whatsapp://send?text=Unha festa do pulpo virtual ? O concello traballa nun modelo festivo alternativo para o mes de agosto http://copecarballino.es/novas/unha-festa-do-pulpo-virtual-o-concello-traballa-nun-modelo-festivo-alternativo-para-o-mes-de [4] http://copecarballino.es/print/53614