Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Concellería de Medio Ambiente inicia os traballos de desbroce do sendeiros do Arenteiro e o parque municipal

5, Maio 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A concellería de Medio Ambiente comezou este pasado luns un programa de acondicionamento e desbroce do paseo e sendeiros do río Arenteiro, da Piscifactoría e do Parque Municipal.

Operarios da brigada de Medio Ambiente, que ata este momento estiveron ocupados nos traballos de desinfección das beirarrúas e espazos públicos do Carballiño, realizan este traballo, que se iniciou no entorno da Piscifactoría e que nos próximos días proseguirá polo paseo e sendeiros do río Arenteiro, así como polo Parque Municipal, que son os lugares de maior afluencia dende que se permite pasear e facer deporte desde que comenzou o confinamento por causa da pandemia polo Covid-19.

Está previsto que esta semana quede rematado o desbroce do entorno da Piscifactoría, así como das beiras do río Arenteiro, e que a próxima semana se proceda a acondicionar o Parque Municipal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-inicia-os-traballos-de-desbroce-do-sendeiros-do-arenteiro-e-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-inicia-os-traballos-de-desbroce-do-sendeiros-do-arenteiro-e-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-inicia-os-traballos-de-desbroce-do-sendeiros-do-arenteiro-e-o [3] whatsapp://send?text=A Concellería de Medio Ambiente inicia os traballos de desbroce do sendeiros do Arenteiro e o parque municipal http://copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-inicia-os-traballos-de-desbroce-do-sendeiros-do-arenteiro-e-o [4] http://copecarballino.es/print/53671