Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As mortes en España por COVID-19 equivalen xa á poboación da comarca do Carballiño, según os datos deste domingo

10, Maio 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As persoas oficialmente falecidas por coronavirus en España, según os datos actualizados este domingo dia 10 de Maio, son 26.621, unha cifra que deixaría sen habitantes á comarca do Carballiño, que no conxunto dos nove concellos que a integran suma 26.589 habitantes, según o último padrón de 2019.

Se compararamos o número de falecidos no conxunto de España co padrón de habitantes da nosa comarca - a de máis poboación da provincia- pode axudarnos a tomar conciencia do drama e das súas dimensións.

Entre a veciñanza residente na comarca non está rexistrada a dia de hoxe ningunha vítima por Covid-19, pero sí entre veciños naturais da comarca e residentes noutras localidades, polo menos 7 vítimas do virus recibiron sepultura nos cemiterios parroquiais da comarca carballiñesa.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mortes-en-espana-por-covid-19-equivalen-xa-poboacion-da-comarca-do-carballino-segun-os-datos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mortes-en-espana-por-covid-19-equivalen-xa-poboacion-da-comarca-do-carballino-segun-os-datos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mortes-en-espana-por-covid-19-equivalen-xa-poboacion-da-comarca-do-carballino-segun-os-datos [3] whatsapp://send?text=As mortes en España por COVID-19 equivalen xa á poboación da comarca do Carballiño, según os datos deste domingo http://copecarballino.es/novas/mortes-en-espana-por-covid-19-equivalen-xa-poboacion-da-comarca-do-carballino-segun-os-datos [4] http://copecarballino.es/print/53697