Desenrolado por coroa.es
As afiliacións á Seguridade Social caen en picado no concello do Carballiño, o sistema perde un 5% de cotizantes nos últimos dous meses, dende que se declarou o estado de alarma o municipio perdeu 202 afiliados, unha cifra que non inclúe aos traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).
O dato aínda é moito peor se o comparamos cun ano atrás, en termos interanuais, xa que dende Abril de 2019 O Carballiño perdeu 401 traballadores activos no municipio, o que representa unha caída do 9,4% no último ano.
En Abril de 2019 O Carballiño contaba con 4.296 cotizantes activos, e agora son 3.895, actualiiiizados os datos con referencia a 30 de Abril pasado.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-perde-202-afiliados-seguridade-social-dende-que-se-declarou-o-estado-de-alarma
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-perde-202-afiliados-seguridade-social-dende-que-se-declarou-o-estado-de-alarma
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño perde 202 afiliados á Seguridade Social dende que se declarou o estado de alarma, a caída interanual de cotizantes é xa do 9,4%. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-perde-202-afiliados-seguridade-social-dende-que-se-declarou-o-estado-de-alarma
[4] http://copecarballino.es/print/53723