Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Farmacia Paredes de Maside doa ao concello máscaras de protección para cativos con problemas de saúde

18, Maio 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de Maside pon en valor este tipo de iniciativas solidarias "neste tempo de crise sanitaria" e por elo agradecen públicamente a Farmacia Paredes de Maside a doazón que ven de facer, un lote de mascarillas para cativos con problemas de saúde.

A farmacéutica de Maside colabora ante esta situación, onde os máis cativos con patoloxías previas son persoas de risco, dado que ó ter que acudir con maior asiduidade a centros hospitalarios ou consultas son potencialmente moito máis vulnerables.

O material será destinado única e exclusivamente a menores de idade, a partir dos tres anos, por non ser recomendado o seu uso antes desa idade, e catorce anos, con patoloxías previas: diabetes, patoloxías pulmonares crónicas, patoloxías cardiovasculares crónicas, ou pacientes oncolóxicos.

Serán os Servizos Sociais do Concello de Maside os que xestionen o reparto destas mascarillas, sempre a través de solicitude por parte dos pais/nais e aportando informe pediátrico. Para elo os interesados/as deberán poñerse en contacto coa oficina de Servizos Sociais, onde se lle proporcionará cita previa para a solicitude e recollida do material (988 40 11 08).

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/farmacia-paredes-de-maside-doa-ao-concello-mascaras-de-proteccion-para-cativos-con-problemas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/farmacia-paredes-de-maside-doa-ao-concello-mascaras-de-proteccion-para-cativos-con-problemas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/farmacia-paredes-de-maside-doa-ao-concello-mascaras-de-proteccion-para-cativos-con-problemas [3] whatsapp://send?text=A Farmacia Paredes de Maside doa ao concello máscaras de protección para cativos con problemas de saúde http://copecarballino.es/novas/farmacia-paredes-de-maside-doa-ao-concello-mascaras-de-proteccion-para-cativos-con-problemas [4] http://copecarballino.es/print/53742