Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As comunidades da Vía da Prata acordan desenvolver medidas de promoción conxunta vencelladas ao patrimonio e a gastronomía

20, Maio 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participaron nunha videoconferencia conxunta cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. No encontro expuxéronse diversas iniciativas que permitan desenvolver medidas de promoción conxuntas vencelladas ao patrimonio e a gastronomía.

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar este Camiño con acreditado valor histórico e patrimonial como elemento dinamizador dos seus territorios, que poderá ter especial incidencia no rural e en zonas con baixa demografía.

A Vía da Prata, que ao seu paso pola comarca do Carballiño decorre a través dos municipios de San Cristovo de Cea e Piñor, é un importante itinerario xacobeo que vertebra España de norte a sur e conta cun gran potencial de crecemento grazas á súa riqueza patrimonial e natural.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comunidades-da-da-prata-acordan-desenvolver-medidas-de-promocion-conxunta-vencelladas-ao

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comunidades-da-da-prata-acordan-desenvolver-medidas-de-promocion-conxunta-vencelladas-ao [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comunidades-da-da-prata-acordan-desenvolver-medidas-de-promocion-conxunta-vencelladas-ao [3] whatsapp://send?text=As comunidades da Vía da Prata acordan desenvolver medidas de promoción conxunta vencelladas ao patrimonio e a gastronomía http://copecarballino.es/novas/comunidades-da-da-prata-acordan-desenvolver-medidas-de-promocion-conxunta-vencelladas-ao [4] http://copecarballino.es/print/53752