Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas mostran a súa preocupación ante o concello pola falta dun protocolo na praia fluvial de Leiro

30, Maio 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O PSdeG-PSOE ven de presentar unha serie de preguntas con respecto as medidas ou protocolo de actuación con respecto o COVID-19 na praia fluvial as marxenes do Rio Avia o seu paso polo noso Concello de Leiro con respecto a crise sanitaria polo COVID-19.

Con estas preguntas, os socialistas amosan "o seu apoio á veciñanza xa que ai bastante desinformación con respecto si o Concello esta a levar algún tipo de medida ante a crise sanitaria".

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez pregunta no seu escrito ao Concello "si desde o Grupo de Goberno hai un Protocolo de actuación para a zoña de baño da praia fluvial de Leiro, xa que se debería regular o acceso ou aforo tendo en conta os metros entre bañistas, así como facer unha limpeza e desinfección da zona de baño, asi como dotar de carteis na zona, advertindo as medidas de hixiene e prevención o COVID-19".

Engade o concelleiro socialita que "este tipo de cuestións a veciñanza e a ciudadania en xeral tennas que saber e estar debidamente informada, porque poden correr o risco de contaxio, por este motivo o Grupo Municipal Socialista quere que desde o Consistorio se nos informe que tipo de medidas se están a tomar na zona de baño da praia fluvial , e de non adoptalas lle exiximos que se adopten coa máxima urxencia, xa que se esta poñendo en risco a saude das persoas que alí acuden".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-mostran-sua-preocupacion-ante-o-concello-pola-falta-dun-protocolo-na-praia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-mostran-sua-preocupacion-ante-o-concello-pola-falta-dun-protocolo-na-praia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-mostran-sua-preocupacion-ante-o-concello-pola-falta-dun-protocolo-na-praia [3] whatsapp://send?text=Os socialistas mostran a súa preocupación ante o concello pola falta dun protocolo na praia fluvial de Leiro http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-mostran-sua-preocupacion-ante-o-concello-pola-falta-dun-protocolo-na-praia [4] http://copecarballino.es/print/53813