Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Dia Mundial do Medio Ambiente: O Carballiño pon en valor a biodiversidade dos seus espazos verdes

5, Xuño 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño conta actualmente con case medio millón de metros cadrados de espazos verdes, sendo o parque municipal e as ribeiras do río Arenteiro as zonas con maior biodiversidade e de maior interese.

No Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra este venres, 5 de xuño, e que nesta edición está dedicado á conservación da biodiversidade, o concello quere resaltar o esforzo que supón o mantemento dos espazos verdes.

En concreto, cabe destacar o parque municipal, de 32 hectáreas, que está a piques de cumprir o centenario da súa creación, e que é un dos parques máis salientables de Galicia, pois conta cunhas 140 especies botánicas catalogadas ademais dunha importante colonia de aves e de especies piscícolas.

Hai especies de grande singularidade, como son dúas grandes secuoyas (Secuoia sempervirens), os Eucalyptus globulus da entrada, varias especies de cipreses imponentes, un exemplar de Eucalytus ovata, probablemente o único en Galicia, tuyas xigantes e pinos de oregón, así como ginkgos, liquidámbar, carpes, arces, carballos americanos, chopos, tilos, castiñeiros ou bidueiros.

E doutro lado, resaltan os sendeiros do río Arenteiro, desde a Ponte de Veiga ata a Ponterriza, e incluso ata Castro Cavadoso, pasando pola Piscifactoría e o Parque Etnográfico, cunha paisaxe característica de ribeira fluvial. Así como a ruta do Camiño dos Arrieiros, con tramos á beira do río Carrás.

Trátase dun conxunto de zonas naturais, que requiren un esforzo notable de mantemento, e que lle otorgan ao Carballiño un lugar preferente na conservación de espazos naturais, e que poden disfrutarse durante calquera época de ano.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/dia-mundial-do-medio-ambiente-o-carballino-pon-en-valor-biodiversidade-dos-seus-espazos-verdes

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dia-mundial-do-medio-ambiente-o-carballino-pon-en-valor-biodiversidade-dos-seus-espazos-verdes [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dia-mundial-do-medio-ambiente-o-carballino-pon-en-valor-biodiversidade-dos-seus-espazos-verdes [3] whatsapp://send?text=Dia Mundial do Medio Ambiente: O Carballiño pon en valor a biodiversidade dos seus espazos verdes http://copecarballino.es/novas/dia-mundial-do-medio-ambiente-o-carballino-pon-en-valor-biodiversidade-dos-seus-espazos-verdes [4] http://copecarballino.es/print/53853