Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Comezan as obras de mellora na travesía do Reino, que financia a Xunta

8, Xuño 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.

O contrato foi adxudicado á empresa Hordescón S.L. por un importe de preto de 100.000 euros.

Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.

A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, para incrementar a seguridade viaria na contorna.

Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.

Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.

Ademais, o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-mellora-na-travesia-do-reino-que-financia-xunta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-mellora-na-travesia-do-reino-que-financia-xunta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-mellora-na-travesia-do-reino-que-financia-xunta [3] whatsapp://send?text=Comezan as obras de mellora na travesía do Reino, que financia a Xunta http://copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-mellora-na-travesia-do-reino-que-financia-xunta [4] http://copecarballino.es/print/53874