Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Deputación mellora a accesibilidade ao Bañiño de Arcos, ata 250.000 euros investíu a entidade provincial nos últimos anos neste entorno termal

13, Xuño 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O portal dixital da Deputación recolle o proxecto realizado polo arquitécto municipal do concello do Carballiño, que adxudica e financia na súa totalidade a entidade provincial cunha aportación de 47.955 euros.

A interveción ten como finalidade a mellora da accesibilidade á areal termal coñecida como o Bañiño de Arcos, nesta parroquia carballiñesa.

Consistirá no reforzo do pavimento existente e na creación dunha senda peonil entre a estrada OU-0403, á saída do pobo de Arcos en dirección ás parroquias da Piteira e Santa Uxía de Lobás, neste vial que é o único con acceso directo para vehículos ao Bañiño.

Con esta nova actuación, que vai mellorar a seguridade para os peóns e automovilistas, a Deputación acada unha suma de 250.000 euros, con distintas e sucesivas obras de mellora neste entorno termal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-accesibilidade-ao-banino-de-arcos-ata-250000-euros-investiu-entidade

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-accesibilidade-ao-banino-de-arcos-ata-250000-euros-investiu-entidade [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-accesibilidade-ao-banino-de-arcos-ata-250000-euros-investiu-entidade [3] whatsapp://send?text=A Deputación mellora a accesibilidade ao Bañiño de Arcos, ata 250.000 euros investíu a entidade provincial nos últimos anos neste entorno termal http://copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-accesibilidade-ao-banino-de-arcos-ata-250000-euros-investiu-entidade [4] http://copecarballino.es/print/53911