Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Piscinas da Rañoa, Cine e Campamento infantil, no verán do concello de Maside

25, Xuño 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Maside comunica que a apertura das Piscinas Municipais de A Rañoa está prevista para o vindeiro mércores día 1 de xullo.

O horario das instalacións será de 12.00-20.00 horas de luns a domindo. Debido ó protocolo hixiénico-sanitario que se deberá seguir nas instalacións, éstas terán aforo limitado e o acceso ás instalacións farase únicamente a través de Bono/Carné persoal e intransferible. Poderán solicitalo nas oficinas dos Servizos Sociais de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas.

PROXECCIÓN-ESTREA DA PELÍCULA “MARÍA SOLINHA”
O vindeiro sábado día 4 de xullo terá lugar a proxeción da película “MARIA SOLINHA”. Será na Pista Vermella de Maside a partires das 22,30 horas se a climatoloxía o permite (en caso contrario será trasladada ó pavillón de deportes). Será unha actividade aberta ó público en xeral e totalmente gratuita, e que contará con tódalas medidas hixiénico-sanitarias para que sexa unha actividade segura.

XIVº CAMPAMENTO DE VERÁN
Actividade destinada a cativos de entre 7 e 12 anos (nados entre os anos 2008-2013). Levarase a cabo nos meses de xullo e agosto en horario de 10.30-13.30 horas de luns a venres.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/piscinas-da-ranoa-cine-e-campamento-infantil-no-veran-do-concello-de-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/piscinas-da-ranoa-cine-e-campamento-infantil-no-veran-do-concello-de-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/piscinas-da-ranoa-cine-e-campamento-infantil-no-veran-do-concello-de-maside [3] whatsapp://send?text=Piscinas da Rañoa, Cine e Campamento infantil, no verán do concello de Maside http://copecarballino.es/novas/piscinas-da-ranoa-cine-e-campamento-infantil-no-veran-do-concello-de-maside [4] http://copecarballino.es/print/53971