Desenrolado por coroa.es
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, no treito entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea.
A actuación, adxudicada á empresa Taboada y Ramos, S.L., por un importe duns 3,8 millóns de euros, conta cun prazo de execución de seis meses. Intervirase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada. Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.
Tamén se levará a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento. Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas de titularidade da Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade. Esta actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI),
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-en-38-millons-de-euros-renovacon-do-firme-da-autovia-entre-os-enlaces-de-dozon
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-en-38-millons-de-euros-renovacon-do-firme-da-autovia-entre-os-enlaces-de-dozon
[3] whatsapp://send?text=A Xunta adxudica en 3,8 millóns de euros a renovacón do firme da autovia entre os enlaces de Dozón e Cea http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-en-38-millons-de-euros-renovacon-do-firme-da-autovia-entre-os-enlaces-de-dozon
[4] http://copecarballino.es/print/54022