Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 33.158 electores da comarca do Carballiño, incluidos os do CERA, están chamados ás eleccións autonómicas deste domingo

11, Xullo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un total de 33.158 electores, incluidos os que figuran no Censo Electoral dos Residentes Ausentes -CERA- están chamados ás urnas no conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño para votar nestas eleccións ao Parlamento de Galicia este domingo dia 12 de Xullo.

O concello con máis electores é O Carballiño, con 12.508, seguido de Boborás con 4.273 electores, mentres o municipio con menos electores é Punxín con 1.040.

Debido á situación sanitaria está activado o protocolo de medidas de prevención, que é un protocolo de máximos para que se poida votar con todas as garantías e que inclúe todas as medidas de seguridade que estaban previstas para calquera circunstancia adversa. Así, estarán despregados en todos os locais electorais representantes da Administración con funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública. Haberá alomenos un en cada local electoral para regular o acceso e controlar que se cumpren as medidas do Protocolo de seguridade.

Para seguir en tempo real o desenvolvemento da xornada electoral está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran mañá e que pode instalarse desde os markets de Android e iOS. Ademais, todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web https://resultados2020.xunta.gal [5] A maiores da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2020.gal/ [6], onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/33158-electores-da-comarca-do-carballino-incluidos-os-do-cera-estan-chamados-eleccions

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/33158-electores-da-comarca-do-carballino-incluidos-os-do-cera-estan-chamados-eleccions [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/33158-electores-da-comarca-do-carballino-incluidos-os-do-cera-estan-chamados-eleccions [3] whatsapp://send?text=33.158 electores da comarca do Carballiño, incluidos os do CERA, están chamados ás eleccións autonómicas deste domingo http://copecarballino.es/novas/33158-electores-da-comarca-do-carballino-incluidos-os-do-cera-estan-chamados-eleccions [4] http://copecarballino.es/print/54067 [5] https://resultados2020.xunta.gal [6] https://eleccionsgalicia2020.gal/