Desenrolado por coroa.es
O concello de Maside procederá o próximo xoves dia 27 de Agosto, coincidindo coa festividade de San Vitorio e festivo local no municipio, a estrea e izado da nova bandeira no balcón do consistorio masidao, e no transcurso dun acto solemne que se celebrará ás 13 horas.
O novo distintivo foi aprobado pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, a petición municipal e partindo dunha proposta realizada polo historiador e investigador masidao Xosé Ricardo Rodríguez, experto en xenealoxía e heráldica.
A bandeira de Maside fai alusión á historia da vila e concello e recolle varios símbolos que o identifican. Sobre fondo verde e en amarelo dourado aparece a torre da casa do concello, sen dúbida o elemento máis identificador de Maside, que aparace flanqueada por dous leóns, sobre dúas ondas, tal como tamén figuran no escudo municipal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-estrea-bandeira-oficial-un-distintivo-do-que-carecen-maioria-dos-concellos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-estrea-bandeira-oficial-un-distintivo-do-que-carecen-maioria-dos-concellos
[3] whatsapp://send?text=Maside estrea bandeira oficial, un distintivo do que carecen a maioria dos concellos. http://copecarballino.es/novas/maside-estrea-bandeira-oficial-un-distintivo-do-que-carecen-maioria-dos-concellos
[4] http://copecarballino.es/print/54273