Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Leiro agarda a colaboración da Confederación Hidrográfica para a mellora da praia e zona fluvial do Río Avia

28, Agosto 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As condicións meteorolóxicas favorables deste verán incrementaron en gran número os bañistas que a diario viñeron acudindo ata a praia fluvial de Leiro para darse un baño nas augas do río Avia.

O alcalde da localidade, Francisco José Fernández, deu a coñecer un proxecto de mellora para esta zona e para o que agarda os permisos e financiación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil "fai aproximadamente un ano que xa presentamos un proxecto municipal á Confederación coa idea de acondicinar tanto a zona de baño como outros aspéctos, o certo é que a pandemia impediunos avanzar neste proxecto como nos houbese gustado, pero se non pode ser nos orzamentos deste ano espero que sexa nos do ano próximo", subliñou o rexedor municipal.

A actuación prevista polo concello para esta zona inclúe a instalacións de dous pantaláns, colocacion de duchas e iluminación, ademáis da ampliación do areal existente.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-agarda-colaboracion-da-confederacion-hidrografica-para-mellora-da-praia-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-agarda-colaboracion-da-confederacion-hidrografica-para-mellora-da-praia-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-agarda-colaboracion-da-confederacion-hidrografica-para-mellora-da-praia-e [3] whatsapp://send?text=O concello de Leiro agarda a colaboración da Confederación Hidrográfica para a mellora da praia e zona fluvial do Río Avia http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-agarda-colaboracion-da-confederacion-hidrografica-para-mellora-da-praia-e [4] http://copecarballino.es/print/54320