Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Fixado para o 23 de novembro o xuizo oral a Pachi Vázquez por prevaricación, investigado pola contratación de traballadores no concello do Carballiño

1, Setembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O xuizo por un presunto delito de prevaricación a Pachi Vázquez foi fixado no seu inicio no xulgado do penal de Ourense para o próximo dia 23 de novembro, o excalde e actúal concelleiro de Espazo Común no concello do Carballiño deberá responder ante a xustiza da súa actuación na alcaldía entre os anos 1999 e 2005.

En total, son sesenta os contratos de traballo no concello carballiñés que están baixo sospeita, cuestionados pola xustiza nunha causa aberta a raíz dunha denuncia da Fiscalía de Ourense.

Neste mesmo procedemento penal están invstigados o sucesor de Pachi Vázquez na alcaldía, o tamén exalcalde socialista Carlos Montes, asi como outros tres concelleiros con responsabilidades na contratación de traballadores no concello do Carballiño entre os anos 1999 e 2011.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/fixado-para-o-23-de-novembro-o-xuizo-oral-pachi-vazquez-por-prevaricacion-investigado-pola

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fixado-para-o-23-de-novembro-o-xuizo-oral-pachi-vazquez-por-prevaricacion-investigado-pola [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fixado-para-o-23-de-novembro-o-xuizo-oral-pachi-vazquez-por-prevaricacion-investigado-pola [3] whatsapp://send?text=Fixado para o 23 de novembro o xuizo oral a Pachi Vázquez por prevaricación, investigado pola contratación de traballadores no concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/fixado-para-o-23-de-novembro-o-xuizo-oral-pachi-vazquez-por-prevaricacion-investigado-pola [4] http://copecarballino.es/print/54336