Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e Deputación destinan 331.000 euros a obras de mellora en 17 rúas do Carballiño

8, Setembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O plan de mellora de infraestuturas no casco urbano e no rural do municipio do Carballiño prosigue a bo ritmo co acondicionamento de oito rúas na zona residencial.

Trátase das rúas Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón, que contarán cun novo asfaltado en quente, beirarrúas nalgúns tramos, así como renovación da rede de auga e alcantarillado, tamén nalgúns tramos. O investimento é de 112.000 euros, que son sufragados íntegramente con fondos do concello.

Así mesmo, este verán acondicionáronse seis rúas na zona de Arcos, que son as rúas Bearíz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro. O proxecto consistiu no asfaltado en quente, así como a renovación da rede de auga. O investimento foi de 119.000 euros, e sufragouse con fondos propios do concello.

Finalmente, en breve comezarán as obras de novo asfaltado e acondicionamento de tres rúas tamén na zona de Arcos, que con as rúas Pico Seco, Pena Grande e Volante. O investimento é de 100.000 euros, que son sufragados con fondos da Deputación Provincial de Ourense.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-destinan-331000-euros-obras-de-mellora-en-17-ruas-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-destinan-331000-euros-obras-de-mellora-en-17-ruas-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-destinan-331000-euros-obras-de-mellora-en-17-ruas-do-carballino [3] whatsapp://send?text=Concello e Deputación destinan 331.000 euros a obras de mellora en 17 rúas do Carballiño http://copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-destinan-331000-euros-obras-de-mellora-en-17-ruas-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/54374