Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Maside: O Concello máis velutínico do mundo mundial

17, Setembro 2020 [1] [2] [3] [4]

Tal e como pasara o ano anterior esta vez a concelleira de turno en plena desescalada viñera á radio a presumir de que puxera non sei cantas trampas e que persoalmente capturara entre 300 e 400 raiñas ("persoalmente" non quero nin imaxinar as capturas que fixo toda a súa equipa de antivelutínicos). Pero a realidade igualou a do inventor deste cómico paripé, o flamante autor ideolóxico da loita abnegada e desitneresada contra a maior vilana do benestar dos veciños de Maside: O ínclito voceiro da oposición masidá. E é que éstes tampouco foron quen de rechear de líquido azucarado a mortífera e sofisticada trampa contra esta vilana. E non foron quén de rechear as botellas de plástico en máis de catro meses.

 

No voso descargo, neófitos desta loita xusta contra a vilana, pódese argumentar que a concelleira de turno, non ten competencias reales que xustifiquen os 1500 do ala que cobra mensualmente do erario público e ten que cazar gamusinos, pokémons ou velutinas. Esto é natural, forma parte da natureza humana. Pero o imperdoable, o que non ten xustificación algunha é que lle usurpárades o negocio do movemento antivelutínico ao seu autor intelectual. Era una ledicia escoitalo falando desta vilana e dando conta do amplo coñecemento que atesoraba nesta materia. A maior abundamento xurdiron imitadores entre os que podo citar ao experto Simón (que descanse esta semana surfeando pola abnegada entrega ao servizo público).

Ao grao: Ide retirando estas botellas de plástico do voso paripé, se sodes tan amables porque contaminan e son desagradables á vista. E ide retirando o telderete do San  Vitorio que estamos a 17 de setembro e xa van sendo horas, e é unha auténtica horterada pra praza facendo xogo coa aberración da marquesina.

E sería convinte recordarvos, incluso a algún representante, que o primeiro sitio onde comeza a educación é nas casas. Porque este días rapaces de todalas familias de Maside están disfrutando de botellóns na praza, o que eu vexo ben, todos fomos xóvenes. Pero o que non está ben é tirar ovos a diferentes negocios da vila. Algún representante debería educar aos seus rapaces que están tamén nos botellóns ao que cada vez veñen máis mozos do Carballiño (agardo que o voceiro da oposición non veña cunha cuña das súas : "Se Maside pinta Maside paga").

Grazas de entemau, como contraprestación prometo vir na próxima con asuntos de máis fondo calado.

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/maside-o-concello-mais-velutinico-do-mundo-mundial

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/maside-o-concello-mais-velutinico-do-mundo-mundial [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/maside-o-concello-mais-velutinico-do-mundo-mundial [3] whatsapp://send?text=Maside: O Concello máis velutínico do mundo mundial http://copecarballino.es/denunciacidada/maside-o-concello-mais-velutinico-do-mundo-mundial [4] http://copecarballino.es/print/54415