Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O primeiro partido en tempos Covid en Espiñedo sáldase con triunfo do Arenteiro ante o Compostela. 2-1

26, Setembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O que non puido facer o Arenteiro nestes últimos tres anos en terceira división, gañar un partido ao Compostela que ademáis agora militará na segunda división b, fixoo no amigable que ademáis marcou o regreso do fútbol na provincia de Ourense nos tempos do coronavirus, deixando atrás máis de seis meses de inactividade.

O partido deixa boas sensacións para os afeccionados verdes, que ocuparon o aforo dispoñible no graderío de Espiñedo, no que se activou o protocolo ante o Covid-19, antes, durante e ao rematar o partido, cando todas as persoas que estaban no estadio abandonaron de forma ordenada as instalacións, observando en todo momento as medidas de seguridade.

O Arenteiro sacou adiante o partido ante un equipo de superior categoria e fixoo con nota alta, con detalles moi bos e outros nos que se pode mellorar. Os verdes entraron mandando no partido, e tras avisar Joni que tivo unha boa ocasión para marcar o primeiro gol da tarde, Rubén Arce quixo deixar claro que está de volta en Espiñedo e cunha volea de cine levou o 1-0 ao marcador. Tamén volveu ser protagonista no segundo gol do Arenteiro tras sorprender a toda a defensa do Compos cun toque de calcaño e habiitar un balón de ouro a Marquitos para facer o 2-0., outro golazo para enmarcar.

Antes do descanso, Brais Abelenda recurtou distancias para o Compos, e xa na segunda parte o marcador non se movería, os santiagueses apretaron e buscaron o empate, pero o Arenteiro apenas pasou apuros para manter o resultado ao seu favor.

Fran Justo utilizou aos 19 futbolístas que ten no plantel, nun partido moi entretido e mesmo intenso, por ambos equipos.

As seguintes probas para o Arenteiro serán o próximo mércores dia 30 ás 11:30 horas no municipal de Barreiro en Vigo ante o potente Celta B, para volver a Espiñedo o sábado 3 de Outubro ás 18 horas ante o Lugo-B, e para completar a pretempada o domingo 11 no campo do Vao en Vigo ante o Coruxo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-primeiro-partido-en-tempos-covid-en-espinedo-saldase-con-triunfo-do-arenteiro-ante-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-primeiro-partido-en-tempos-covid-en-espinedo-saldase-con-triunfo-do-arenteiro-ante-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-primeiro-partido-en-tempos-covid-en-espinedo-saldase-con-triunfo-do-arenteiro-ante-o [3] whatsapp://send?text=O primeiro partido en tempos Covid en Espiñedo sáldase con triunfo do Arenteiro ante o Compostela. 2-1 http://copecarballino.es/novas/o-primeiro-partido-en-tempos-covid-en-espinedo-saldase-con-triunfo-do-arenteiro-ante-o [4] http://copecarballino.es/print/54468