Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Ernesto Romero, do Novocine de Leiro, recibe o premio "Rodolfo Prada" á xestión cultural, que recoñece o gran valor que supón manter un cine comercial nun concello rural

2, Outubro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O xurado do Premio ""Rodolfo Prada" á xestión cultural 2020 reuniuse hoxe para avaliar as candidaturas presentadas a este certame instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura deste insigne intelectual ourensán e elixir os proxectos galardoados nas tres modalidades do certame. Na reunión, o xurado salientou a elevada calidade dos traballos presentados ao certame, que reparte un total de 6.000 euros en premios.

O premio para profesionais culturais recaeu en Ernesto Romero, de Novocine de Leiro, polo valor que supón para o rural manter unha actividade cultural como a que desenvolve. Romero mantén aberta a única sala de cine comercial que continúa activa e ofrecendo unha programación estable de cine no ámbito das comarcas do Ribeiro-O Carballiño,ofertando unha carteleira que renova cada semana, con numerosos títulos que son estrea simultánea en cines.

O premio para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados foi para "Platea Lúa", pola creatividade e o labor que desenvolve nas súas visitas turísticas guiadas teatralizadas. E finalmente, o premio para proxectos culturais foi para o Náutico de San Vicente, polo seu traballo a prol da difusión cultural e musical coa organización de actividades e concertos ao longo de todo o ano.

O xurado, presidido polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, estivo integrado, ademais, por Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Antonio Piñeiro, Juan Rivas, Manuel Araújo e Patricia Torres, actuando como secretario Aurelio Gómez Villar

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ernesto-romero-do-novocine-de-leiro-recibe-o-premio-rodolfo-prada-xestion-cultural-que

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ernesto-romero-do-novocine-de-leiro-recibe-o-premio-rodolfo-prada-xestion-cultural-que [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ernesto-romero-do-novocine-de-leiro-recibe-o-premio-rodolfo-prada-xestion-cultural-que [3] whatsapp://send?text=Ernesto Romero, do Novocine de Leiro, recibe o premio [4] http://copecarballino.es/print/54497