Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas piden ao goberno municipal de Leiro que o remanente de tesoureiría sexa máis para gasto social e menos para obras

2, Outubro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O PSdeG-PSOE de Leiro congratúlase co anuncio de obras no concello, contando para iso coa dispoñibilidade do Remanente de Tesourería "pero nestes momentos os socialistas cremos prioritario e moi necesario que o goberno municipal e a oposición debemos focalizar todos os nosos esforzos en axudar a combater aos nosos veciños as consecuencias económicas e sociais derivadas do Covid 19", manifestan.

Consideran que "aínda que tarde, é o momento de potenciar e desenvolver as políticas sociais contando para iso co Remanente de Tesourería, tanto do Concello como da Mancomunidade do Ribeiro e complementar así aos veciños as axudas por políticas sociais tanto da Xunta como da Administración Central".

Os socialistas de Leiro entenden que debe ser éste o momento de potenciar plans de conciliación familiar, axudas para material escolar e libros, plans preventivos de desinfección, plans de axuda aos nosos autónomos, pequeno comercio e hostalería.

"Desde o PS de G-PSOE cremos que é o momento de redobrar esforzos, en base aos recursos públicos de todos, en axudar e tranquilizar a incerteza e inseguridade que invade aos nosos veciños e isto está en mans do Goberno Municipal para o que poderá contar co apoio deste grupo municipal", subliñan no seu comunicado os socialistas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-ao-goberno-municipal-de-leiro-que-o-remanente-de-tesoureiria-sexa-mais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-ao-goberno-municipal-de-leiro-que-o-remanente-de-tesoureiria-sexa-mais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-ao-goberno-municipal-de-leiro-que-o-remanente-de-tesoureiria-sexa-mais [3] whatsapp://send?text=Os socialistas piden ao goberno municipal de Leiro que o remanente de tesoureiría sexa máis para gasto social e menos para obras http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-ao-goberno-municipal-de-leiro-que-o-remanente-de-tesoureiria-sexa-mais [4] http://copecarballino.es/print/54501