Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 30 de Outubro: A directora xeral de saúde califica de "boas noticias" a evolución epidemiolóxica do Carballiño, que mellora os datos a 7 e 14 dias

30, Outubro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, referíuse esta mañá a situación concreta da comarca do Carballiño aportando os datos da evolución a 7 dias, nos que se pasou de 117 contaxios a 72, e a incidencia a 14 dias, que pasou de 240 a 189 contaxios, unha evolución que "nos da boas noticias" aínda que, recoñeceu, a situación sigue sendo motivo de atención e preocupación porque sendo boa a tendencia, aínda non é a optima. De feito, a Xunta mantén as restricións vixentes no perímetro dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, que continúan coa mobilidade restrinxida e coas actividades non esenciais pechadas, continúan sendo as restricións máis duras de toda Galicia.

Polo que respecta a actualización de datos diarios de contaxios activos, O Carballño rexistra hoxe venres 138 casos, tres menos ca onte. Rebaixan un caso Beariz, e quédase con cinco, e tamén ten un caso menos ca onte Maside, que se sitúa hoxe con tres.  Pola contra, aumentan os casos en Boborás (+3) e contabiliza 23, e Piñor (+1) e chega aos cinco. Non hai variacions nos contaxios activos de San Cristovo de Cea (19) Punxín (3) O Irixo (4) e San Amaro (1).

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/30-de-outubro-directora-xeral-de-saude-califica-de-boas-noticias-evolucion-epidemioloxica-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/30-de-outubro-directora-xeral-de-saude-califica-de-boas-noticias-evolucion-epidemioloxica-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/30-de-outubro-directora-xeral-de-saude-califica-de-boas-noticias-evolucion-epidemioloxica-do [3] whatsapp://send?text=30 de Outubro: A directora xeral de saúde califica de [4] http://copecarballino.es/print/54692