Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Feijóo anuncia que traslada ás cidades e outros 57 municipios galegos "o modelo O Carballiño", con mobilidade restrinxida e actividades non esenciais pechadas a partir das 15 horas deste próximo venres

4, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Presidente da Xunta de Galicia dixo esta mañá que vai aplicar o que chamou "modelo O Carballiño" ao resto de Galicia, ás sete grades cidades e a outros 53 municipios no que a situación da pandemia é máis desfavorable. En principio, e no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, todos os concellos quedarían fora destas restricións, excepto no Carballiño nas que vain seguir vixentes as actuais medidas tanto de mobilidade restrinxida ao propio territorio municipal ou as relativas a todas as actividades consideradas non esencias, que continuran prohibidas no municipio carballiñés, tal como están na actualidade.

Alberto Núñez Feijoo anunciou este mércores que establecerá a partir do venres ás 15:00 horas e durante un mes o peche de actividades non esenciais, incluída a hostalería, e o peche perimetral para o 60 por cento da poboación galega.Nunha comparecencia para informar sobre as medidas acordadas polo comité clínico reunido de novo este mércores, explicou que estas medidas afectarán a un total de 60 municipios, que inclúen as sete cidades e as súas zonas de influencia, así como 14 localidades máis pequenas que presentan altos índices de contagios.

Os municipios afectados polas restricións son A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Lugo, Santiago, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Ferrol, Ares, Fene, Neda, Narón, Mugardos, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, Poio, Marín, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Porriño, Redondela, Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/feijoo-anuncia-que-traslada-cidades-e-outros-57-municipios-galegos-o-modelo-o-carballino-con

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/feijoo-anuncia-que-traslada-cidades-e-outros-57-municipios-galegos-o-modelo-o-carballino-con [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/feijoo-anuncia-que-traslada-cidades-e-outros-57-municipios-galegos-o-modelo-o-carballino-con [3] whatsapp://send?text=Feijóo anuncia que traslada ás cidades e outros 57 municipios galegos [4] http://copecarballino.es/print/54723