Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta autoriza a apertura de ximnasios, recintos deportivos e culturais no concello do Carballiño, xa en vigor dende este xoves dia 5 de Novembro. Boborás e O Irixo regresan á fase 2.

5, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a actualización das restricións vixentes no concello do Carballiño, que entraron en vigor ás 00:00 horas deste xoves dia 5de Novembro, flexibilizando un chisco as medidas que viñan aplicandose dende fai dúas semanas.

Asi, a Xunta volve permitir dende hoxe a apertura dos ximnasios no concello do Carballiño, que ata agora permanecían pechados, para a práctica deportiva aínda que limitando a actividade a que sexa individual ou para grupos de persoas conviventes. Tamén se autoriza o uso de intalacións e recintos deportivos do Carballiño, asi como os de carácter cultural, como o auditorio, con limite de aforo o mesmo que nos espectáculos deportivos terá que haber limitación de aforo, tamén para teatro, cine ou espectáculos musicais.

Polo demáis, continúan vixentes tanto a mobiliade reducida -non se pode sair nin os de fora entrar no Carballiño- e tampouco hai novidades para a hostelería e restauración, que seguirán pechadas e tan so con servizo para levar á casa ou recollida no propio local.

Boborás e O Irixo

Ambos municipios regresan á fase 2, e volven permitirse as actividades consideradas non esenciais. Desta maneira, volve permitirse a apertura de restaurantes e bares, que poderán atender no interior cun aforo do 50% e en terraza ata o 75%, e poden reunirse grupos de ata seis persoas. Ademáis, os residentes tanto no Irixo como en Boborás, xa poden desplazarse  fora do concello a aqueles municipios que non teñan restrinxida a mobilidade. Pero non poderán entrar en municipios que teñan prohibida a entrada como é o caso do Carballiño, e dende as 00:00 deste sábado noutros 59 concellos galegos.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-apertura-de-ximnasios-recintos-deportivos-e-culturais-no-concello-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-apertura-de-ximnasios-recintos-deportivos-e-culturais-no-concello-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-apertura-de-ximnasios-recintos-deportivos-e-culturais-no-concello-do-carballino [3] whatsapp://send?text=A Xunta autoriza a apertura de ximnasios, recintos deportivos e culturais no concello do Carballiño, xa en vigor dende este xoves dia 5 de Novembro. Boborás e O Irixo regresan á fase 2. http://copecarballino.es/novas/xunta-autoriza-apertura-de-ximnasios-recintos-deportivos-e-culturais-no-concello-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/54729