Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño pasa de vermello a laranxa por vez primeira no Semáforo Covid: entre 7 e 14 novos contaxios nos últimos 7 dias.

7, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Por vez primeira dende que no pasado mes de Outurbo a Xunta puxo en marcha esta ferramenta para  informar da incidencia do coronavirus en todos os concellos galegos, O Carballiño deixa a cor vermella, que é a de máxima alerta, e sitúase en cor laranxa, a 7 dias vista, o que reflicte o nivel 2 de alerta, ou o que é o mesmo, que se declararon entre 7 e 14 contaxios durante a última semana.

O resto dos concellos da comarca están en cor verde, nivel 0 de alerta, mentres que no Ribeiro continúa en vermello Ribadavia, que con 77  contaxios activos neste sábado dia 7 de Novembro supera a O Carballiño, que nesta última actualización de Sanidade quédase en 59.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-pasa-de-vermello-laranxa-por-vez-primeira-no-semaforo-covid-entre-7-e-14-novos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-pasa-de-vermello-laranxa-por-vez-primeira-no-semaforo-covid-entre-7-e-14-novos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-pasa-de-vermello-laranxa-por-vez-primeira-no-semaforo-covid-entre-7-e-14-novos [3] whatsapp://send?text=O Carballiño pasa de vermello a laranxa por vez primeira no Semáforo Covid: entre 7 e 14 novos contaxios nos últimos 7 dias. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-pasa-de-vermello-laranxa-por-vez-primeira-no-semaforo-covid-entre-7-e-14-novos [4] http://copecarballino.es/print/54745