Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 10 de Novembro: o coronavirus continúa desacelerando no Carballiño (-12) que sitúa hoxe o número de enfermos en 46. O municipio mellora nos índicadores no Semáforo Covid tanto aos 7 como aos últimos 14 dias

10, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O coronavirus continúa desacelerando no concello do Carballiño, hoxe martes son 12 persoas enfermas menos que onte, o que deixa cifra actualizada en 46 casos activos. As altas continúan superando con creces aos novos contaxios, e de feito por primeiro dia dende que se implantou o Semáforo Covid do Sergas, O Carballiño abandona o nivel vermello de máxima alerta e pasa a nivel 2, o laranxa, no indicador dos últimos 14 dias, mentres que no indicador a 7 dias contiúa hoxe xa por terceiro dia nos últimos catro no mesmo nivel 2 de alerta.

Na comarca, tamén baixan en contaxios activos en relación a onte San Cristovo de Cea (-1) e queda con 8, e San Amaro (-1) e quédase cun único caso. E aumentan hoxe Boborás (+2) (10) Maside (+1) (3) e O Irixo (+1) (3).

Non se rexistran variacións no número de casos activos de Covid-19 nos outros concellos: Beariz (3) Piñor (6) e Punxín (2)

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/10-de-novembro-o-coronavirus-continua-desacelerando-no-carballino-12-que-situa-hoxe-o-numero

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/10-de-novembro-o-coronavirus-continua-desacelerando-no-carballino-12-que-situa-hoxe-o-numero [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/10-de-novembro-o-coronavirus-continua-desacelerando-no-carballino-12-que-situa-hoxe-o-numero [3] whatsapp://send?text=10 de Novembro: o coronavirus continúa desacelerando no Carballiño (-12) que sitúa hoxe o número de enfermos en 46. O municipio mellora nos índicadores no Semáforo Covid tanto aos 7 como aos últimos 14 dias http://copecarballino.es/novas/10-de-novembro-o-coronavirus-continua-desacelerando-no-carballino-12-que-situa-hoxe-o-numero [4] http://copecarballino.es/print/54762