Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño mellora a sinalización turística e patrimonial, cunha subvención da Xunta

16, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño amplía a sinalización turística do patrimonio histórico-artístico e etnográfico do municipio, co obxectivo de ofrecer a información máis ampla sobre os monumentos de interese que se poden visitar na vila e nas parroquias carballiñesas.
Así, no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, que é un lugar moi transitado por veciños e visitantes, instalouse un panel cun plano do municipio, que inclúe unha guía de referencia e situación de trinta emprazamentos de monumentos de relevancia patrimonial.
Neste mesmo lugar, instalouse outro panel con ampla información da antiga fábrica de papel da Lavandeira e da súa importancia como parte esencial do patrimonio industrial do Carballiño no século XIX.
Para este proxecto cóntase coa colaboración da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, que financia a iniciativa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-mellora-sinalizacion-turistica-e-patrimonial-cunha-subvencion-da-xunta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-mellora-sinalizacion-turistica-e-patrimonial-cunha-subvencion-da-xunta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-mellora-sinalizacion-turistica-e-patrimonial-cunha-subvencion-da-xunta [3] whatsapp://send?text=O Carballiño mellora a sinalización turística e patrimonial, cunha subvención da Xunta http://copecarballino.es/novas/o-carballino-mellora-sinalizacion-turistica-e-patrimonial-cunha-subvencion-da-xunta [4] http://copecarballino.es/print/54795