Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Dimite "por motivos persoais" o Presidente da Entidade Local Menor de Berán. O BNG considera que "mostra o escaso interese do PP pola ELM"

17, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Constantino Vidal, do Partido Poular, que exercía como presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras gañar as eleccións celebradas en Maio de 2019, ven de presentar formalmente a súa demisión do seu cargo como máximo responsable da Entidade. Xustifica esta decisión "por motivos personais", cando leva apenas ano e medio de mandato.

Nada máis coñecerse esta nova, o BNG emitíu un comunicado no que manifesta que "ésta é unha mostra máis do escaso interese que ten o Partido Popular por un funcionamento correcto da ELM. O actual presidente nunca mostrou capacidade e iniciativa para defender os intereses de Berán. A súa marcha na metade da lexislatura móstranos a escasa vontade deste señor para solucionar os problemas atopados na súa labor como máximo responsábel da entidade", subliñan.

O BNG, que é a outra formación política representada na Entidade, considera que "con esta dimisión nun momento clave para a aprobación de proxectos estratéxicos na nosa parroquia. A oficialización e recoñecemento do paso por Berán do Camiño da Geira Ribeiro Arrieiro, así como o arranxo e licitación das vellas instalacións balnearias son motores económicos que exixían da acción urxente por parte dun presidente, que dimite por falta de criterio e por incapacidade".

Agora, deberá elexirse un novo Presidente por parte do pleno da Entidade Local Menor de Berán, todo indica que podería ser Avelino Carballal, tamén do Partido Popular e actúal vocal da Entidade.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/dimite-por-motivos-persoais-o-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran-o-bng-considera-que

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dimite-por-motivos-persoais-o-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran-o-bng-considera-que [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dimite-por-motivos-persoais-o-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran-o-bng-considera-que [3] whatsapp://send?text=Dimite [4] http://copecarballino.es/print/54806