Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta levanta dende este sábado as restriciós de mobilidade e autoriza a reapertura da hostelería no Carballiño

20, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Tal como se agardaba, a Xunta de Galicia confirmou hoxe que levanta as restriciós que dende fai un mes estaban vixentes no Carballiño como medida de contención da pandemia tras a explosión vírica que sufriu O Carballiño nas primeiras semanas do pasado mes de Outubro. 

Os bos datos epidemiolóxicos que a dia de hoxe presenta  O Carballiño, con 23 contaxios activos e nivel cero de alerta con luz verde no Semáforo Covid (entre cero e sete novos positivos nos últimos sete dias) levaron á Xunta ao levantamento de ambas restriciós, sen dúbida as de máis repercusión na vida social e económica do Carballiño.

Asi pois, dende este sábado O Carballiño pasa a nivel 2, pode saírse e entrar con normalidade no municipio, e ademáis autorízase novamente a reapertura da hostelería, que poderá atender no interior de locais cun aforo do 50% e de ata o 75% en terraza, continúa prohibido o consumo en barra. Poderán reunirse ata un máximo de 6 persoas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-levanta-dende-este-sabado-restricios-de-mobilidade-e-autoriza-reapertura-da-hosteleria

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-levanta-dende-este-sabado-restricios-de-mobilidade-e-autoriza-reapertura-da-hosteleria [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-levanta-dende-este-sabado-restricios-de-mobilidade-e-autoriza-reapertura-da-hosteleria [3] whatsapp://send?text=A Xunta levanta dende este sábado as restriciós de mobilidade e autoriza a reapertura da hostelería no Carballiño http://copecarballino.es/novas/xunta-levanta-dende-este-sabado-restricios-de-mobilidade-e-autoriza-reapertura-da-hosteleria [4] http://copecarballino.es/print/54839