Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Feijoó compromete o apoio da Xunta para proxectos estratéticos para Beariz, entre eles o acceso ao futuro parque empresarial de Lebozán

2, Decembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe ao alcalde de Beariz, Manuel Prado, o compromiso da Xunta cos proxectos de mellora das infraestruturas no concello.

Concretamente, Feijóo fixo fincapé no acordo para a construción de dúas pistas biosaudables, cun investimento de 20.000 euros. Nesa liña, o presidente da Xunta lembrou que o Goberno galego investiu nos últimos dous anos máis de 50.000 euros na rehabilitación da pista deportiva e na mellora das instalacións do pavillón polideportivo.

En materia de augas, Feijóo avanzou que o orzamento de 2021 de Augas de Galicia incluirá financiamento para a renovación da rede de abastecemento en Magros.

Por outra banda, na reunión, o presidente da Xunta e o alcalde de Beariz tamén abordaron a construción do acceso ao futuro parque empresarial de Lebozán. Tras salientar que o proxecto xa está redactado e conta cun investimento previsto de 380.000 euros para o enlace coa estrada OU-212, Feijóo trasladou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou este pasado luns, 30 de novembro, o expediente de información pública.

A maiores, tamén abordaron a posta en valor dos castros prerromanos de Margos e Garfián, e a posibilidade de rehabilitar un inmoble para convertelo en museo etnográfico e en albergue de peregrinos, xa que por este concello pasa o denominado Camiño da Geira e dos Arrieiros, que transcorre entre Braga e Santiago de Compostela.

Na reunión, o titular do Executivo galego destacou a colaboración entre ambas administracións na loita contra a covid coa entrega de material por parte da Xunta -máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais-.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/feijoo-compromete-o-apoio-da-xunta-para-proxectos-estrateticos-para-beariz-entre-eles-o-acceso

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/feijoo-compromete-o-apoio-da-xunta-para-proxectos-estrateticos-para-beariz-entre-eles-o-acceso [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/feijoo-compromete-o-apoio-da-xunta-para-proxectos-estrateticos-para-beariz-entre-eles-o-acceso [3] whatsapp://send?text=Feijoó compromete o apoio da Xunta para proxectos estratéticos para Beariz, entre eles o acceso ao futuro parque empresarial de Lebozán http://copecarballino.es/novas/feijoo-compromete-o-apoio-da-xunta-para-proxectos-estrateticos-para-beariz-entre-eles-o-acceso [4] http://copecarballino.es/print/54906