Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Récord histórico de oíntes diarios -16.000 - para COPE O Carballiño no "Estudio General de Medios", a programación de mediodia convértese na terceira con máis audiencia na radio local en Galicia

2, Decembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O "Estudio General de Medios" pecha o ano 2020 acreditando unha audiencia diaria de lúns a venres de 16.000 oíntes para COPE O Carballiño, unha cifra que representa o récord histórico de ointes diarios desta emisora de radio nos vinte anos de emisións que ven de cumprir este ano, 16.000 ointes que cada día sintonizan o 91.9 da FM para informarse e entreterse, consolidando unha vez máis o liderazgo radiofónico de COPE O Carballiño no ámbito local e comarcal.

Tras un ano dominado no aspécto informativo pola pandemia, e cunha baixada xeralizada no consumo de radio na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é a única emisora da radiodifusión provincial que logra aumentar a súa audiencia, conseguindo atraer a 6.000 novos oíntes durante o último ano, según os datos interanuais do EGM.

Ademáis, na franxa de mediodia -de 12:30 a 14:30 horas- cando as emisoras de radio emiten a súa programación local, COPE O Carballiño convértese na terceira emisora local máis escoitada de toda Galicia, incluidas as das grandes cidades, e tamén a que máis oíntes reúne neste mesmo horario de mediodia entre todas as emisoras da CADENA COPE en Galicia. O "Estudio General de Medios" é o único medidor de audiencias de radio recoñecido como tal polo sector radiofónico en España.

Dende COPE O Carballiño agradecemos este éxito que compartimos con toda a nosa audiencia, anunciantes e colaboradores, reafirmando unha vez máis o noso compromiso coa veciñanza do Carballiño e Comarca, e obrígándonos a tratar de mellorar cada dia no noso traballo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/record-historico-de-ointes-diarios-16000-para-cope-o-carballino-no-estudio-general-de-medios

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/record-historico-de-ointes-diarios-16000-para-cope-o-carballino-no-estudio-general-de-medios [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/record-historico-de-ointes-diarios-16000-para-cope-o-carballino-no-estudio-general-de-medios [3] whatsapp://send?text=Récord histórico de oíntes diarios -16.000 - para COPE O Carballiño no [4] http://copecarballino.es/print/54908