Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Falecen dúas persoas con coronavirus en Beariz, son xa 3 as vítimas do brote da Residencia de Maiores

10, Decembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un muller de 100 anos de idade e un home de 86 anos faleceron cun intervalo de poucas horas no Complexo Hospitalario de Ourense, ambas foran diagnosticadas co Covid-19, eran residentes do xeriátrico de Beariz, afectado por un brote de coronavirus, que xa provocara a morte doutra residente na pasada semana, unha muller de 95 anos.

No informe de contaxios diarios, o concello de Beariz rexistra hoxe 18 casos, seguido do Carballiño con 6 contaxios activos, e Maside 3. Están libres de virus, sen casos activos, os concellos do Irixo, San Amaro, Piñor, Punxín, Boborás e San Cristovo de Cea. 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/falecen-duas-persoas-con-coronavirus-en-beariz-son-xa-3-vitimas-do-brote-da-residencia-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falecen-duas-persoas-con-coronavirus-en-beariz-son-xa-3-vitimas-do-brote-da-residencia-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falecen-duas-persoas-con-coronavirus-en-beariz-son-xa-3-vitimas-do-brote-da-residencia-de [3] whatsapp://send?text=Falecen dúas persoas con coronavirus en Beariz, son xa 3 as vítimas do brote da Residencia de Maiores http://copecarballino.es/novas/falecen-duas-persoas-con-coronavirus-en-beariz-son-xa-3-vitimas-do-brote-da-residencia-de [4] http://copecarballino.es/print/54954